Historia da construción e rehabilitación do edificio histórico chamado Casa Grande do Pozo, actual sede de Afundación en Santiago de Compostela. A obra describe a importancia do inmoble, dende a primeira referencia na documentación medieval, así como o traballo de rehabilitación proxectado por Álvaro Romero Gil-Delgado para os seus novos usos socioculturais. Oito especialistas contextualizan, ademais, nos seus respectivos estudos o edificio e o seu emprazamento, así como a Compostela de finais do século XIX: Xosé Ramón Barreiro Fernández, Manuel Lucas Álvarez, José Luis Pereiro Alonso, Baldomero Cores Trasmonte, Ramón Villares Paz, Miguel Anxo Seixas Seoane, M.ª José Bóveda Fernández e Paz Blanco Sanmartín.
Linguas: galego, castelán, inglés
Encadernación en rústica con sobrecuberta, 284 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e color